28 fevereiro 2008

A febre do xadrez

Agradezo a Hipatia a ligazón que me levou a ver por vez primeira a película de Pudovkin "A febre do xadrez". Nela participa activamente D. José, o xenio do xadrez: o cubano Capablanca.
Por certo, qué cara de felicidade leva a rapaza despois de saír do coche do primeiro play-boy xadrecista ( Contan as lendas que a súa querencia pola noite e as rapazas bonitas foi a causa da súa derrota contra o ruso Alekhine en Bos Aires).





Etiquetas: ,

26 fevereiro 2008

Fresh: Ataque fegatello.

Excelente película.



Bonito ataque Fegatello entre F. Murray Abraham e Sean Nelson, ollados de lonxe por Samuel L. Jackson.

Etiquetas: ,

13 fevereiro 2008

Cociña para chapantes

Ao tempo que escribo, Mofa e Befa estanse preparando para actuar no Teatro Principal de Santiago de Compostela, cunha escolma marabillosa do seu arte culinario.
Creo que debín ver Cociña Económica non menos de oito veces, e máis que serían, mesmo agora, se o horario fora un pouco máis cedo.

Etiquetas:

Pimentel

"Ti sabes que todos os días
hai un home morto na cuneta,
que ninguén coñece aínda.
Unha muller sobre o cadáver do seu home
chora.
Chove.
¡Negra sombra, negra sombra!
Eu ben sei que hai un misterio na nosa terra,
mais alá da néboa,
mais alá do mar,
mais alá da chuvia,
máis alá do bosque."


Hoxe cúmprense cincoenta anos da morte de Luís Pimentel.

Etiquetas:

09 fevereiro 2008

9 de marzo

Supoño que outra máis das eivas da transición - tan eloxiada polos medios de comunicación, pero mal resolta - foi o sistema electoral. E non me refiro o dislate que algún botarate ornea querendo facer calar aos nacionalistas periféricos, en aberta contradicción non só co sentido común e a limpeza do xogo senón tamén coas asépticas matemáticas.
Falo agora simplemente do feito que a máis da metade das circunscripcións electorais correspóndellen un número de diputados pares.
Ésta é unha das causas polas que realmente o resultado da guerra do 9 de marzo dilucidarase en doce ou trece batallas: aquelas provincias onde é importante ser a forza política máis votada e ademáis sexa factible algunha variación na atribución dos escanos.
Todo o anterior explicaría a posibilidade real, e coido que non lonxana no tempo, que o Partido Popular non gañara en votos pero si en diputados. Máis na práctica pouco lle valería, voluntariamente aillados.
Aínda é moi cedo para facer previsións, pero arríscome a facer a miña - é un dicir, o que vou comentar eche ben doado de asinar: Vanse repetir aproximadamente os resultados de hai catro anos, gañando o PSOE con maioría simple e o PP a algo menos distancia que daquela. No que atinxe a Galicia adianto que o BNG tamén repite resultados pero aumenta influencia.
A emoción acá estará en Ourense: quen se levará o cuarto diputado? Agora mesmo as tres forzas semellan ter opcións.
Pregarei pola inexistencia das maiorías absolutas. Votarei polos diálogos e pactos, polas transaccións, xa proveñan das aldeas, das cidades ou da vila.

Etiquetas:

Nai orfa

Algunhas das máis sobranceiras lecturas que me ofreceron os blogs débollas a folerpa, en concreto cando fala de sentimentos. Varias das súas escritas amorosas emocionáronme. Tamén agora me suscitou emoción, aínda que de distinta cualidade, a súa última postaxe, na que entrevera dúas verbas que xuntas provocan calafríos: "nai orfa". O pudor impídeme petar na porta do seu blog e dicirlle que por moi ben escrito que esté, non volverei reler o que alí describe, porque doe. Pero quero deixar eiquí constancia da fonda impresión que me causou.

Etiquetas:

04 fevereiro 2008

Manhâ de carnaval

Etiquetas: